CAPERUCITA EN MANHATTAN

Unha das lecturas propostas este curso polo Departamento de lingua castelá é Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite.

Trátase dun conto moderno construído a partir do coñecido conto popular de Perrault ou dos irmáns Grimm.
A protagonista é Sara Allen, unha nena de dez anos que vive cos seus pais en Brooklyn, Nova York. Cada noite soña con cruzar o río Hudson para ir ver a súa avoa -Rebeca Little-, unha velliña chiflada e marabillosa, ex-estrela de Broadway, que vive na illa de Manhattan. Un día, por fin, emprende a viaxe en dirección á casa da avoa para levarlle a famosa tarta de amorodos que elabora a súa nai. Durante o percorrido atoparase co lobo -míster Woolf, un pasteleiro multimillonario- e tamén cunha misteriosa muller -Miss Lunatic, unha mendiga que de día vive oculta na estatua da Liberdade e que sae de noite para axudar ás xentes da cidade-.

É unha historia deliciosa e divertida e ten un interesante final que supón todo un canto á liberdade.

O libro conta, ademais, con debuxos realizados pola propia autora.
Que vos pareceu a obra?


Comentarios

  1. Es un libro sobre todo muy bien narrado. Interesante y es de los que te enganchas facilmente. Tiene una historia intrigante y bien elaborada.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares