ESPECIAL NOVELA NEGRA



Na Biblioteca temos estes días unha interesante exposición de novela negra. Atoparedes un variado grupo de novelas caracterizadas pola presenza dun detective que tenta resolver un enigma de tipo criminal.
Entre os autores representados destacan os británicos Conan Doyle (creador de Sherlock Holmes) e Agatha Christie, o italiano Camilleri, os españois Vázquez Montalbán e Eduardo Mendoza, os galegos Carlos Reigosa, Domingo Villar, e un longuísimo etcétera.
Ao seu lado figuran algúns títulos recentes e de notable éxito, como as dúas primeiras novelas da xa famosísima serie Millenium: Los hombres que no amaban a las mujeres e La chica que soñaba con un bidón de gasolina.

Tamén temos varias películas baseadas nalgunhas das máis coñecidas novelas deste xénero.

Animámosvos a visitar a exposición e a levar en préstamo para a vosa casa algúns dos libros ou películas que seleccionamos para vós.

E, por suposto, agardamos os vosos comentarios.

Comentarios

Entradas populares