SIN NOTICIAS DE GURB
Esta novela de Eduardo Mendoza publicouse por entregas no diario El País durante o verán de 1990 e recuperaba así a vella tradición da "novela folletinesca" do século XIX. Ao ano seguinte publícase xa como libro.A obra relata as aventuras dun extraterrestre na cidade de Barcelona en busca do seu compañeiro Gurb, quen, tras adoptar a apariencia de Marta Sánchez, deixa de enviarlle noticias.
Consta de 15 capítulos en forma de diario, redactado como os informes de ciencia-ficción. Eduardo Mendoza parodia así as historias documentadas das novelas de ciencia-ficción e pretende dar a sensación de que as descricións que fai o extraterreste son obxectivas e verosímiles.
Ademais do castelán, na novela aparece outro código de comunicación: a linguaxe en clave dos extraterrestres, formado por letras, números e signos sen orde nin significado.
Nesta novela Mendoza leva ata os últimos extremos o seu gusto pola crítica paródica (burlesca e irónica), rozando o humor absurdo.
Unha lectura interesante e divertida.
Comentarios
Publicar un comentario