CHAMANDO ÁS PORTAS DO CEO


Eu quero recomendar este libro que acabo de ler. Trata dunha rapaza de dezanove anos que decide ir no verán á India de cooperante. Ten que enfrontarse á despedida do noivo, do pai, ó que non lle parece ben a viaxe da súa filla, da súa nai e do seu irmán. Alí coñece a unha famosa doutora, Elisabeth Roca, que ten un hospital; a Mahendra, un príncipe indio que perdeu á súa muller e ós seus fillos; a Leo, cooperante español; a Viji, unha rapaza india coxa e cega dun ollo.


Con esta novela aprendemos un pouco da cultura india: os seus costumes (vodas concertadas), a vestimenta (sari das mulleres)... Este libro fainos reflexionar sobre a pobreza india e a falta de medios no hospital e do importante labor dos cooperantes.


Esta historia lémbrame a un conto que lin o ano pasado chamado Usha e tamén á película Slumdog Millionaire, gañadora de oito Oscars este ano.


O título procede dunha canción de Bob Dylan

Comentarios

Entradas populares