A TRILOXÍA MILLENIUM


Na biblioteca contamos desde hai unhas semanas cos dous primeiros libros da triloxía Millenium do sueceo Stieg Larson. Trátase de Los hombres que no amaban a las mujeres e La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, xa convertidos en fenómenos literarios e merecedores de numerosas críticas e reseñas en todo o mundo.
O primeiro volume é unha magnífica novela negra protagonizada polo periodista de investigación Mikael Blomskvist, que traballa na revista Millenium. Ao seu lado Lisbeth Salander, unha rapaza de difícil carácter, extraño aspecto e extraordinaria intelixencia que traballa como investigadora privada. Mentiras, violencia, intriga, e sobre todo un misterio de hai máis de trinta anos e que se nos desvelará nas últimas páxinas. Narrada cun ritmo moi áxil, é unha historia que engancha e que, malia as súas máis de 600 páxinas non podemos parar de ler ata rematar.


Na segunda parte, Mikael prepara unha reportaxe sobre tráfico e prostitución de mulleres da Europa do Este, e Lisbeth abandonou Estocolmo e desapareceu sen dar explicacións. Parece que as súas vidas se separaron, pero volverán a confluír novamente.
Para poder ler o último libro, La reina en el palacio de las corrientes de aire, deberemos agardar á súa publicación.

Para os interesados, velaquí uns enlaces con interesante información: ttp://www.serielarsson.com/index.php

http://es.wikipedia.org/wiki/Los_hombres_que_no_amaban_a_las_mujeres

A primeira parte xa foi levada ao cine, dirixida por Niels Arden Oplev e xa foi estreada no norte de Europa. Aquí a estrea está prevista para o 29 de maio. Este é o cartel da película.

Comentarios

Entradas populares