LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS


O autor deste novela, o turinés Paolo Giordano, é licenciado en Física Teórica e recorre á linguaxe matemática para expresar a dor e a soidade de dous personaxes traumatizados por senllos episodios dramáticos da infancia.

Os números primos, divisibles por 1 e por si mesmos, aparecen cada vez máis afastados na serie dos números naturais, pero acaban formando unha parella de primos xemelgos, que son aqueles que están moi xuntos pero separados por un número par. Por exemplo, o 11 e o 13, o 17 e o 19...

Esta é a fórmula que se aplica á vida de Alice (quen na infancia sofre un accidente de esquí que lle provocará unha coxeira permanente) e de Mattia (que terá que vivir co sentimento de culpabilidade pola desaparición da súa irmá).

Unha historia interesante, que mantén a tensión ata o final e que non deixa indiferente a ninguén.


Comentarios

Entradas populares