NOITE DE VORACES SOMBRAS
Noite de voraces sombras, conta a historia de Sara, unha rapaza da Coruña que pasa, como cada ano, as vacacións na casa da súa avoa, xa falecida.A existencia dunha presenza fantasmal no cuarto no que se instala, ata entón prohibido para ela, lévaa a descubrir unha difícil historia de amor durante os anos da Guerra Civil Española. Unha época na que os soños afundian e o amor e a felicidade non tiñan cabida.
Será interesante coñecer a opinión doutros lectores acerca desta obra, xa que mostra un feito histórico que condiciona en certa parte o desenvolvemento do relato.
Ademáis , seguro que vos resulta unha lectura facil e entretida; combina amor e historia, cunha pinga de intriga.
Un saudo e boa lectura!
Comentarios
Publicar un comentario