REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O pasado xoves reunímonos os membros do club de lectura para realizar un intercambio de opinións acerca do libro que estivemos lendo: Poderosa.

Entre outros temas, comentamos acerca do interesante personaxe da avoa, que rompe cos esquemas típicos dun persoa da súa idade e que se converte na amiga e confidente da neta.

Tamén abordamos o tema dos coidados estéticos, dos piercings, das relacións de parella... E, sobre todo, falamos da importancia que teñen as palabras, que son precisamente o que nos identifica como humanos e nos afasta doutras especies animais.




Esperamos impacientes a anunciada estrea da película aínda que coa dúbida de se nos gustará tanto como nos gustou este libro.

Comentarios

  1. Para nós Poderosa foi un libro moi divertido,porque trata de problemas que están ocorrendo na vida dos adolescentes, e de un certo modo os adolescentes vense involucrados.
    O que non nos gustou moito foi o tema do "piercing" no calcaño de Danyelle, e tampouco cando o puxo no embigo,e o de que xoga co tema do bico.

    ResponderEliminar
  2. O libro está moi ben, ademais que fala da realidade da vida, da adolescencia, o sofremento dos xovenes, o maltrato de xénero...
    Eu sentinme identificado por Joana que era unha rapaza que decía: é moi fácil empezar unha historia pero difícil rematala.

    ResponderEliminar
  3. O libro "Poderosa" de Sergio Klein non me disgustou, pero tampouco me entusiasmou, porque é un pouco irreal aunque ten aspectos nos que me identifico con Joana: esa timidez e extroversión á vez.
    Non me gustou moito o tema do piercing de Danielle no calcañar; non lle encontro sentido.
    Tampuco me gustou a lentitude con que pasa todo, sen ningunha razón, aínda que ás veces,no tema das amizades como Joana e Leninha non me rematou de convencer;podia ser máis intensa a relación.Esta novela pareceume un pouco aburrida nalguns aspectos, aínda que noutros vexo unha boa fonte de diversión.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares