CARTAS DE INVERNO

cartas_de_inverno

Aos amantes das historias de misterio gustaravos este libro.

Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre enviado polo seu irmán Xabier desde un lugar Doroña (Vilamaior). No seu interior atopa unha carta e outro sobre fechado. Na carta Xabier indícalle que non abra o sobre e que, en caso de non ter noticias del nunha semana, que llo entregue ao Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.  Pero Tareixa non resiste a tentación e abre o sobre. Así atopa as cartas que lle enviara a Xabier o seu amigo o pintor Adrián Louzao nas que lle conta os terribles sucesos que están acontecendo na casa que acaba de mercar.

Comentarios

  1. Sara Vázquez Fernández15 de diciembre de 2009, 8:59

    Este libro encantoume. Xa me gustaba polo que me contaba a xente que o lera, pero agora que o lin eu aínda me gusta máis.
    É un libro de misterio, e a min encántanme os libros de misterio.
    Enganchoume moito cando o estaba lendo, porque sempre tiña que parar cando estaba a punto de descubrirse algo, por iso quería seguir léndoo canto antes.
    En definitiva, eu recoméndollo a todos os que lle gusten os libros de misterio tanto como a min ou, simplemente, a quen lle guste ler.

    ResponderEliminar
  2. olalla rodriguez vilas15 de diciembre de 2009, 9:00

    Este libro gustoume moito.
    Paréceme unha historia misteriosa e sentiumental .
    Creo que xavier non debería ir buscar ó seu amigo sabendo según o escrto que a súa vida correría perigo .
    A irmá de xavier era un pouco chismosa , xa que non debería haber lido as cartas se o seu irmán díxolle que só as lera se pasaba algo .
    ó final é un pouco triste , a min non me gustou , era moi irreal aínda que dende o principio sabíase que algo iba pasar .

    ResponderEliminar
  3. Este libro a min gustoume , daba como un pouco de medo; Adrián o amigo de Xabier vio as cartas que lle enviara ,a Xabier e en esas cartas lle contaba o que pasaba na casa que acababa de mercar eu creo que esta moi ben feito.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares