O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

O outro libro do club de lectura, neste caso para os cursos superiores, é O señor Ibrahim e as flores do Corán, traducido do francés por Emma Lázare Rodríguez.

g2-ibrahim300 Esta obra de Eric-Emmanuel Schmitt forma parte da “Triloxía do invisible”, tres narracións breves en torno ás grandes relixións: Milarepa (sobre o budismo), Oscar e Mamie-rose (sobre o cristianismo) e O señor Ibrahim e as flores do Corán (sobre o xudaísmo e o Islam).

A historia sitúase nos anos 60 nun barrio marxinal de París. Alí residen Momo (un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo xa que foi abandonado pola nai e vive cun pai aflixido pola fuxida da súa esposa e sempre preocupado polo seu traballo e polos libros de leis) e Ibrahim (un vello tendeiro musulmán de orixe turca, reflexivo e pausado).

Entre eles xurdirá unha amizade incondicional na que un aporta vitalidade e o outro, sabedoría. A diferenza de relixións fai desconfiar ao principio a Momo pero pouco a pouco confiará nese home solitario e sabio, cunha forma moi particular de ver a vida que lle axudará a enfrontarse ás vicisitudes da súa idade.

A amizade entre ambos personaxes simboliza o encontro entre culturas e difunde unha mensaxe de tolerancia, diálogo e comprensión mutua. Estas dúas persoas, transcenderán os clichés das culturas, os prexuízos das relixións e atoparanse nunha viaxe común pola vida que os encherá de felicidade.

Agardamos que a súa lectura sexa do agrado de todos e animámosvos a participar nas reunións do club de lectura.

 

CLUB DE LECTURA II 004 CLUB DE LECTURA II 007
CLUB DE LECTURA II 015 CLUB DE LECTURA II 009

Recordamos que tamén se pode participar no club de lectura virtual visitando o noso blog e deixando os vosos comentarios.

Comentarios

  1. A única pega que lle poría a este libro, é que está moi pouco desenrolado. Polo demais gustoume bastante, sobre todo a mensaxe do final, cando Momo descobre que era o que estaba dentro da quel corán, do que el non entendía nada,e que lle facía ó seu amigo atopar sempre a felicidade.

    ResponderEliminar
  2. Rut Hidalgo Gómez 3A2 de febrero de 2010, 16:02

    O libro gustoume moito,en especial porque nunca lera un libro inspirado nesta época.Momo é un adolescente bastante peculiar pero coa axuda do señor Ibrahim conseguirá comprendelo "corán".

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén penso que a única pega que lle poría ó relato é a súa brevidade, a pesar de que nas escasas sesenta páxinas que ten cóntanse moitas cousas e moi intensas. É un libro que da moito que pensar acerca da nosa propia vida, facéndonos reflexionar acerca do que temos, e do que non teñen os que mellor saben desfrutar cada momento.
    Creo que moita xente debería ler este libro, a sabendas de que poucos sacarían algo en limpo (e non polo libro, que está moi ben).

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares