MARINA

Na columna dereita podedes atopar o enlace á súa páxina web que nos dá abundante información acerca da súa obra literaria. Podedes tamén picar aquí mesmo: Carlos Ruiz Zafón
Este curso os alumnos de 3º podedes ler varias novelas, que iremos presentando en entradas sucesivas para que poidades deixar os vosos comentarios e opinións persoais acerca de cada unha delas.
Marina é unha novela fantástica que se sitúa en Barcelona en 1979. O protagonista é Óscar Drai, un rapaz de 15 aos que vive nun internado. Nunha das súas escapadas coñece á familia Blau, formada por Marina (de 16 anos) e Germán (de 45). Xunto a eles, Óscar intentará descubrir o misterio do "Velo-Granell", unha vella fábrica ortopédica da Barcelona dos anos 4o.
Comentarios
Publicar un comentario