Irmán do vento, novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Pero, de súpeto, irrompe a guerra e toda a súa vida cambia dramaticamente.
Trátase dunha novela de aventuras que nos conta o que lle acontece a un rapaz no medio do recente conflicto bélico iraquí.

Comentarios

  1. Borja Melchor Fernández18 de enero de 2010, 14:59

    Este libro pareceume moi triste;dúas guerras estalan diante dun neno...mozo que rematan coa vida da nai, dalgún familiar, amigo...
    O que máis me gustou foi a libreta-diario de Khaled adicada ao fillo imaxinario de Al-Galego ou Doutor Meira.

    ResponderEliminar
  2. Edgar Melchor Fernández18 de enero de 2010, 15:32

    Este libro de Manuel Lourenzo González pareceume moi bo xa que é unha novela moi crible. Tamén se pode dicir que é triste e duro por causa das dúas guerras que suceden.Eu recoméndollo a todo o mundo. Xa o lin o ano pasado e desta vez puiden lelo con outro punto de vista, pero está claro que cando o volva ler entristecereime o mesmo ou máis ca antes.

    ResponderEliminar
  3. Noa López Blanco 3ºB4 de marzo de 2010, 23:17

    O libro de "Irmán do Vento" é un libro que nos demostra o pouco que apreciamos o que nos parece tan cotián, ou tan normal. Porque para nós ir á escola, é normal, para nós, pensar nun bo futuro, que poidamos escoller, é normal, e así moitas outras cousas. O único problema que lle vexo, é que ten moita palla; é dicir, hai moitas cousas que non din tanto como outras, e aburren un pouco. A idea está ben, pero o desenrolo un pouco aburrido.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares