REUNIÓN CLUB DE LECTURA


O venres , 11 de febreiro, fixemos a reunión do CLUB DE LECTURA do Primeiro Ciclo de ESO para comentar o libro proposto, Otra vida para Cristina de Marta Rivera de la Cruz. A novela gustou e dixéronse cousas interesantes dela: de fácil lectura; engancha o dramatismo da historia de Cristina, a nena protagonista, historia que fai que a súa personalidade cambie e comece a ver a vida doutro xeito; tamén engancha o misterio dese segredo familiar, polo que súa nai e súa tía non se falaban. E xa no remate , un alumno fixo unha reflexión intelixente, que cadraría ben como síntese: “ A novela demostra como nun instante nos pode cambiar a vida”.


Entregamos os CARNÉS DE LECTOR ós asistentes novos, bastante numerosos, e anunciamos outra xuntanza para propoñer nova lectura. Este Club de Lectura goza de boa saúde, tanto en entusiasmo como en participación. O contrario estanos a ocorrer co CLUB do Segundo Ciclo e BAC. Este curso semella estar esmorecendo probablemente, entre outras razóns, polo alto número de lecturas, obrigatorias e voluntarias, en moitas das materias dos diferentes cursos.

Comentarios

Entradas populares