LA OLA
E para os rapaces e rapazas a partir de 3º de ESO, a obra escollida é La Ola. Novela gráfica de Stefani Kampmann, baseada na obra de Morton Rue, editada por TakaTuka
La Ola é unha adaptación da novela de Morton Rhue (pseudónimo de Todd Strasser), baseada en “A terceira Ola”, o polémico experimento sociolóxico levado a cabo nun instituto de California a fins dos sesenta. O profesor Ron Jones explicou durante a clase de historia o período do nazismo e os alumnos non poden entender o comportamento dos alemáns, nin como un só home, Adolf Hitler, puido convencer a todo un país para que o seguise cegamente. Eles nunca terían permitido algo, eles teríanse rebelado contra os déspotas. O profesor decide levar a cabo un experimento para demostrar:
-o doado que resulta que un grupo de persoas siga cegamente a un líder, e
-a facilidade coa que se poden desenvolver comportamentos agresivos e acosadores contra os que non aceptan integrarse no grupo.
A historia pasou da novela ao musical en 2000
Máis tarde foi levada ao cine polo alemán Dennis Gansel.
E agora pasa ao mundo das viñetas nun cómic xuvenil realizado pola berlinesa Stefani Kampmann.
![]() |


![]() | ![]() |
Comentarios
Publicar un comentario