CON CLARA SOMOS SEIS

Durante o recreo do xoves 21 de novembro celebramos a segunda reunión do Club de Lectura para o primeiro ciclo de ESO. Un nutrido grupo de alumnos de 1º y 2º asistiron á Biblioteca para comentar a lectura de Con Clara somos seis do autor alemán Peter Härtling. Tivo lugar coa presenza e guía de tres profesores do equipo de Biblioteca do Centro. As caras divertidas e o entusiasmo das expresións dos alumnos asistentes falaban por si soas: a lectura agradou ós lectores. Falaban do amenas que lles resultaran as peripecias desta familia que espera con ansiedade e ilusión a Clara, o bebé que cara o final da obra aumentará o grupo familiar. Mentres esta chega, puidemos saber como era a relación entre os pais, tamén entre pais e fillos e por suposto entre os tres irmáns , Philip, Therese e Paul que ven como o acontecemento estrela supón para eles una pequena revolución nas súas vidas. Podemos sinalar con satisfacción que a obra foi do agrado xeral do grupo e que esperamos seguir contando con este animado plantel de rapaces e rapazas amantes da lectura.

 

image image  
   

Comentarios

Entradas populares