SIN NOTICIAS DE GURB

Durante o recreo do mércores 28 de novembro celebramos a segunda reunión do Club de Lectura para os maiores ( 2º ciclo da ESO e 1º de Bacharelato). Un grupo de alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiron á Biblioteca para comentar a lectura de “Sin noticias de Gurb” do autor catalán Eduardo Mendoza. Catro profesores do equipo de Biblioteca do Centro traballaron nesta ocasión coma guías do encontro e tamén participaron coas súas opinións. Repasamos xuntos, alumnos e profesores asistentes, a gran cantidade de aventuras que corre o alieníxena polas rúas da Barcelona previa ós Xogos Olímpicos. Non faltaron os comentarios sobre toda a carga crítica que inclúe o autor á nosa sociedade con esta hilarante historia: as molestas obras preparatorias do acontecemento deportivo futuro na cidade, os diferentes personaxes coas súas peculiaridades que o protagonista escolle para si cando ten que facer algunha misión na súa procura do compañeiro Gurb.
Para rematar, podemos asegurar que aínda que houbo opinións para todos os gustos, en xeral os alumnos afirmaron que a lectura foi do seu agrado.

image DSC00199


Comentarios

Entradas populares