PALABRAS DE AUGA

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO disfrutarán con esta novela de MARCOS CALVEIRO

O libro obtivo no 2012 o Premio Merlín de Literatura Infantil e forma parte da Lista de Honra do IBBY.

A novela conta o día a día dunha tribu de nómades, os Kimba, que camiñan baixo sol buscando alimento. Amadou só é un neno pero xa coñece o sufrimento: a fame, a sede e a violencia forman parte da súa vida cotiá. Ademais, o seu irmán Numb desapareceu e deben atopalo.

Ao longo do relato, Amadou non só camiña xunto á súa tribo á procura dunha vida mellor, senón que tamén inicia unha viaxe interior cara á madurez.

Unha historia dura, realista e conmovedora que non nos ha deixar indiferentes.

Comentarios

Entradas populares