REUNIÓN CLUB 1º CICLO



O 15 de Xaneiro tivo lugar a reunión do Club de Lectura cos alumnos do 1º ciclo da ESO, para falar sobre o libro lido no 1º trimestre, “Palabras de auga”, de Marcos Caveiro. 
A todos lle deixou un sabor amargo a situación desesperada dunha tribo nun lugar indeterminado de África, que está no medio da sabana, sen auga, esfameada e fuxindo da violencia,  situación que vemos polos ollos de Amadou, un neno de once anos. É unha historia dura, que nos achega a outra realidade, a realidade dos que carecen de case todo. O contraste coa sociedade na que estamos é inevitable e leva a reflexionar sobre a inxustiza no reparto da riqueza.


No 2º trimestre os alumnos propuxeron ler a novela Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de Annabel Pitcher, xa que lle foi recomendada por  amigos que a leron no noso Club de Lectura no curso 2011-12.

Comentarios

Entradas populares