REUNIÓN CLUB 2º CICLO



O pasado día 18 de Decembro, reunímonos o grupo de Lectura do 2º ciclo da ESO, e comentamos o libro que limos no primeiro trimestre, Eleanor and Park. A todos nos conmoveu esta historia de adolescentes outsider, historia de amor tenra e especial, pero tamén dramática e difícil debido á situación de Eleanor, cunha nai irresponsable e conformista e cun padrastro cruel e perverso. Por enriba, os seus compañeiros búrlanse dela e rexéitana pola súa vestimenta e exceso de peso.  Coñecer os problemas familiares e sociais de Eleanor, levounos a reflexionar o afortunados que somos coa nosa familia e cos nosos compañeiros e amigos.


Esperamos que o libro que vamos ler no 2º trimestre (Ollos de auga, de Domingo Villar) tamén nos resulte interesante e gratificante.

Comentarios

Entradas populares