O CORAZÓN DE XÚPITER



Finalizada a lectura da novela escollida para este trimestre, reunímonos os integrantes do Club de lectura para compartir a nosa experiencia de lectura.
Impactante. Alba e Sofía decidiron condensar nunha soa palabra a súa valoración da novela O Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, libro recomendado por Carla Domínguez, outra compañeira de Segundo da ESO. Para que empregar palabras en van cando unha o que quere dicir só é que trata moitos temas e todos ben. A polisemia do impacto está en relación coa dureza dun final completamente inesperado; con que ensina algo tan básico e difícil de aprender como que non se pode confiar en todo o mundo, especialmente en internet, aínda que sexa necesario sempre facelo en alguén; con que a beleza esté precisamente na tristura, do acoso en rede e do acoso real, dos efectos da drogadicción ou das familias rotas, da forza da amizade na adolescencia; tamén co perfecto tratamento do tema da homosexualidade. Non obstante, se se sentiron golpeadas non foi tanto por todo o anterior, senón máis ben por que ninguén merece ver morrer ao seu mellor amigo, e, sobre todo, por que consideran que a obra é impactantemente boa, por que lle gustou moitisimo, polo que, aínda que elas pensan que Ledicia Costas lles ensinou que non sempre todo sae ben, tal vez ademais de conseguir iso tamén fixo exactamente o contrario.





Para ler en Semana Santa elixiron El curso en el que me enamoré de ti de Blanca Álvarez, outra historia dura a través da que queren afondar na realidade dos desfavorecidos e nos valores da amizade e da solidariedade

Comentarios

Entradas populares