REUNIÓN CLUB DE LECTURA



Finalizada a lectura da novela escollida, reunímonos os integrantes do Club de Lectura para compartir a nosa experiencia.
Nesta ocasión a novela elexida foi El curso en el que me enamoré de ti, de Blanca Álvarez. Sofía e Alba fixeron unha valoración da obra que, en xeral, se pode calificar como positiva, aínda que amosando tamén a súa capacidade crítica. Por exemplo, respecto a uns primeiros compases que se fan excesivamente tediosos. Se Sofía considera este tipo de tramas demasiado tristes, Alba disfruta con elas e gusta dos finais dramáticos e inesperados. O que si consideraron moi positivo foi o tratamento que se fai da cuestión dos dereitos humanos, especialmente no que se refire á aceptación do outro, sendo, neste senso, recomendado pola profesora de Cidadanía, Lilian. De igual xeito, destacar o ben tratado que se atopa o personaxe do neno, perfectamente perfilado en todos os seus matices.
O seguinte libro será un clásico da literatura xuvenil, Os escaravellos voan ao atardecer da escritura sueca María Gripe, recomendado por Carlos Varela. Trátase dunha novela que atrapa ao lector desde o primeiro momento, con máis de corenta edicións en castelán. Así que na seguinte entrega falaremos dos misterios da Selandria egypcia e das vellas cartas de Andreas Wiik. Deixamos para o final a mellor nova: a incorporación dun novo alumno, Andrés Rodríguez Rodríguez, de 2ESOA, ao Club, estamos seguros de que non será o último.
https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=3&uid=26906&mailbox=SU5CT1g&uniq=1432889824350

Comentarios

Entradas populares