REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º


Os integrantes do club de lectura de 3º e 4º compararon a lenda de Bécquer "El monte de las ánimas" coa adaptación ao cómic de David Rubín. O que máis lles gustou foi a forzaq expresiva dos primeiros planos e os planos de detalle da personaxe principal, Beatriz, no momento de maior tensión: cando descobre, no seu propio cuarto, a presenza misteriosa da banda azul manchada de sangue.
Esta lectura serviulles tamén para dar un nome ao seu club, que a partir de agora pasa a chamarse "O club dos poetas vivos".






Comentarios

Entradas populares