LA SOMBRA DEL VIENTO

Nova e última sesión do Club de Lectura sobre a novela de Carlos Ruíz Zafón.
Algúns xa leran Marina, O príncipe da brétema ou El palacio de la medianoche, por iso lles resultou fácil entrar no universo de La sombra del viento.
Todos coincidimos en que o final da novela precipitouse como unha fervenza. Para unha alumna, era un desenlace previsible; para a maioría foi unha sorpresa.
Gustou moito a imaxe de Daniel levando ao seu fillo ao “Cemiterio dos libros esquecidos”, do mesmo xeito que seu pai fixera con el ao comezo da novela. Este final aberto fixo que unha alumna mercara El juego del ángel, a continuación de La sombra del viento.
En fin, Zafón segue engaiolando e conquistando aos lectores novos.




Comentarios

Entradas populares