SEGUIMOS CON LÚA DO SENEGAL

Continuamos coas nosas conversas sobre Lúa de Senegal. Hoxe falamos das amigas de Khoedi e dos seus pais.
Tamén analizamos algúns valores que transmite esta historia: as diferenzas raciais, as actitudes racistas, a importancia dos maiores, a amizade, as viaxes, a importancia das linguas ("Cantas máis linguas se sabe máis fácil é aprender outras novas". "Aprender unha lingua non é máis que afacerte a unha cor distinta"), e taména inegración no país de acolida mantendo sempre o aprezo polo propio: "Estamos en Galicia pero a nosa casa sempre será un anaco de Senegal"



Comentarios

Entradas populares