ENGURRAS


O xoves 19 de abril o alumnado do Club de lectura de 2º ESO recibiu o terceiro libro que imos ler durante este curso: Engurras, de Paco Roca. O plan de traballo vai consistir en realizar unha análise deste cómic e mais da película de animación, centrándonos na temática do alzhéimer. Para rematar, e partindo do comentario do cómic O picoto do pai, coordinado por Kiko da Silva, reflexionaremos sobre unha antiga tradición que estivo presente en zonas de Galicia e Portugal no pasado e que tamén existiu nunha aldea xaponesa.


Comentarios

Entradas populares