Miña querida Sherezade (III)

O día 25 continuamos achegándonos á novela Miña querida Sherezade. Nesta ocasión, coñecemos distintas versións de As mil e unha noites, e tamén obras que naceron a partir desta.
Todos os rapaces e rapazas leron na segunda avaliación Chamádeme Simbad, de Francisco Castro. Coñeceron tamén Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre, unha versión moderna do conto clásico, na que os ladróns son agora banqueiros, e na que, sobre todo, cobra importancia a figura feminina de Morxiana. 
Algúns rapaces achegáronse xa a As mil e unha noites. Outros seguramente o fagan en datas vindeiras. Ese é o obxectivo principal dun Club de lectura: ir de libro en libro, de lectura en lectura, gozando cos libros e compartindo experiencias lectoras.
odo un luxo contar con lectores e lectoras tan entusiastas!!!



Comentarios

Entradas populares