EL BALONAZO

Xa ben iniciado o curso, retomamos as sesións do club de lectura e este ano diferenciamos dous grupos: un para alumnos de 1º e 2º e outro para 3º, 4º, Bacharelato e Tafad.

Os alumnos máis novos lerán nesta ocasión El balonazo, de Belén Gopegui.

cartel_el_balonazo_0201_0

O protagonista da historia é Daniel, un neno duns dez anos ao que non lle están indo ben as cousas. Sobre todo porque, ademasi de que está farto de estudar, no fútbol –a súa verdadeira paixón- non ten sorte nin talénto. Os seus amigos “pasan” del á hora de xogar os partidos.
Entón coñece e faise amigo de Maxama, un inmigrante ilegal senegalés que vende discos na rúa. Daniel faille algúns favores e Maxama dálle consellos e trucos para que xogue mellor ao fútbol e, ademais, amosaralle como é a vida en realidade. Cando deteñen a Maxama, Daniel e o seus amigos intervirán.
A lectura deste libros permitiranos dialogar acerca dalgúns temas interesantes:
 Na vida real non sempre gañan os bos.
 Non hai unha segunda parte para arranxar as cousas.
 A importancia dos amigos.
 A dura vida dos inmigrantes ilegais.

En próximas datas reunirémonos para comentar as nosas impresións persoais acerca da novela.

CLUB DE LECTURA 017 CLUB DE LECTURA 016
CLUB DE LECTURA 014 CLUB DE LECTURA 018

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares