EL BALONAZO
Xa ben iniciado o curso, retomamos as sesións do club de lectura e este ano diferenciamos dous grupos: un para alumnos de 1º e 2º e outro para 3º, 4º, Bacharelato e Tafad.
Os alumnos máis novos lerán nesta ocasión El balonazo, de Belén Gopegui.
O protagonista da historia é Daniel, un neno duns dez anos ao que non lle están indo ben as cousas. Sobre todo porque, ademasi de que está farto de estudar, no fútbol –a súa verdadeira paixón- non ten sorte nin talénto. Os seus amigos “pasan” del á hora de xogar os partidos.
Entón coñece e faise amigo de Maxama, un inmigrante ilegal senegalés que vende discos na rúa. Daniel faille algúns favores e Maxama dálle consellos e trucos para que xogue mellor ao fútbol e, ademais, amosaralle como é a vida en realidade. Cando deteñen a Maxama, Daniel e o seus amigos intervirán.
A lectura deste libros permitiranos dialogar acerca dalgúns temas interesantes:
Na vida real non sempre gañan os bos.
Non hai unha segunda parte para arranxar as cousas.
A importancia dos amigos.
A dura vida dos inmigrantes ilegais.
En próximas datas reunirémonos para comentar as nosas impresións persoais acerca da novela.
x
ResponderEliminar